Unha operaria resulta ferida tras caer duns tres metros nunha explotación gandeira en Vilasantar

Unha muller resultou ferida na tarde deste domingo ao caer duns tres metros de altura mentres traballaba nunha explotación gandeira situada en Lugar Turío, na parroquia de San Vicenzo de Curtis, no concello de Vilasantar.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso arredor das 16:25 horas, a través do aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informou da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para atender á traballadora accidentada.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse do ocorrido á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Vilasantar, que se desprazaron ata o lugar. Segundo indicaron, a muller atopábase a realizar tarefas de ensilado cando caeu desde un muro duns 3 metros.

Aínda que o helicóptero chegou a tomar terra na zona, a ferida foi finalmente trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Related posts

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible

UCIN únese a que dimita Oscar Puente, pero tamén esixe a dimisión de Rueda ‘polo abandono da sanidade galega’