Unha paciente de 13 anos, a primeira cunha consola cardíaca portátil en España


Chámase Area, ten 13 anos e leva cinco meses ingresada no Hospital La Paz en Madrid. Necesita un transplante de corazón por complicacións dunha cardiopatía de nacemento, pero, para aguantar a espera, os médicos implantáronlle un dispositivo de asistencia ventricular conectado a unha máquina de 80 quilos e que lle impedía abandonar o centro médico. Agora, unha nova consola cardíaca portátil permitiulle sentir de novo o aire no seu rostro. “Botaba de menos saír á rúa”, celebrou a adolescente, a primeira paciente española en gozar do avance. Trátase dun dispositivo dez veces máis lixeiro que foi implantado en só 85 pacientes en todo o mundo e que mellora considerablemente a calidade de vida das persoas con miocardiopatía restritiva ao permitirlles manterse activos e chegar á intervención cirúrxica nun mellor estado físico e anímico.