Unha performance, de Antón Reixa, pecha os actos de homenaxe a Manuel Facal en Carballo

Dentro do programa de actividades conmemorativas do 80º aniversario do artista Manuel Facal, este venres 3 de novembro ás 20:30 horas no Espazo Casino 1889, celébrase o espectáculo multidisciplinar de música, vídeo e poesía  que presenta en Carballo coa performance ConCerto DesconCerto. Tomará a palabra Miguel Anxo Fernán Vello, en nome da comisión organizadora, para dar a benvida ao público asistente e presentar ao poeta Antón Reixa. O acto é de entrada libre como todos os realizados e pecha a programación da Homenaxe a Manuel Facal deste ano 2023.           

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha