Unha persoa detida tras aparecer un cadáver en Mondariz

A Garda Civil detivo un hóspede dun hostal de Mondariz en que residía o home que apareceu presuntamente acoitelado. Así o confirman fontes da Garda Civil que investigan a morte da vítima, duns 50 anos e orixinaria da parroquia de Gargamala. O detido sería veciño do falecido, segundo indicaron as mesmas fontes, e xa foi trasladado á Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. A vítima vivía de alugueiro nun hostal, precisamente o seu cadáver apareceu nun vertedoiro xusto debaixo do seu cuarto. O home era moi coñecido nos concellos de Mondariz e Covelo por traballar no coidado e na roza de leiras. O suceso permanece baixo segredo de sumario.   

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha