Unha persoa excarcerada logo de chocar un camión e unha furgoneta en Melide

1 minutes read

Os Bombeiros de Arzúa excarceraron ao condutor da furgoneta, que quedou atrapado no interior do vehículo.

O aviso deste accidente chegou ao 112 Galicia ás nove e dez horas da mañá deste mércores, a través do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Igualmente, un particular contactaba co 112 Galicia a esa hora e informaba dun choque entre un camión e unha furgoneta na N-547, quilómetro 52, en O Barreiro, ao seu paso por Melide. Aseguraba que había persoas feridas e posiblemente atrapadas.

A partir de aí, ademais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foron informados os Bombeiros de Arzúa, os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e o persoal de mantemento da vía. 

Tras rematar a súa intervención, os Bombeiros confirmaron a excarceración do condutor da furgoneta que foi trasladado nunha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.