Unha persoa excarcerada tras bater contra un muro e envorcar o coche no que circulaba en Cerceda

1 minutes read

Os servizos de emerxencias interviñeron na mañá deste luns na excarceración dunha persoa que viaxaba nun turismo que rematou envorcado despois de chocar contra un muro e tirar un poste da luz en Cerceda. O sinistro produciuse na estrada que une A Silva e Santa Comba no lugar da Abeleira, uns minutos despois das 7:30 horas.

Ata o lugar desprazáronse os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ordes, os axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal da empresa subministradora de electricidade. Tamén, os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e á Policía Local.