Unha persoa falece e outra resulta ferida nunha colisión entre dous coches en Teo


A persoa falecida era un home de 63 anos que quedou atrapado dentro do vehículo, o ferido é un mozo de 24 anos que foi trasladado ao CHUS. Nos dous vehículos implicados viaxaban só os condutores e tralo golpe xiraron sobre si mesmos resultando claramente máis danado o Opel Corsa no que viaxaba a persoa falecida, moi coñecida na zona onde traballaba de mecánico.

A Garda Civil investiga cal dos dous vehículos, se o Opel Corsa que circulaba en dirección Padrón, ou o Golf, invadiu o carril contrario e foi o responsable do accidente. O sinistro obrigou a pechar o tráfico varios carrís da nacional ata que puido restablecerse a circulación con normalidade.

Os servizos sanitarios desprazaron un helicóptero e ambulancia asistencial ata o lugar do sinistro, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida da vítima. Achegáronse tamén bombeiros de Boiro, GES de Padrón, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.