35
- O accidente produciuse na AC-564 e o condutor do camión saíu ileso
Unha colisión entre un camión e un coche saldouse este mércores cunha persoa falecida no concello coruñés de A Capela.
No momento de producirse o accidente, os vehículos circulaban pola AC-564, a estrada que une as localidades de As Pontes e Cabanas, e foi un particular o que alertou ao 112 Galicia do suceso sobre as 13:30 horas.
A vítima mortal tivo que ser excarcerada polo Bombeiros do Eume, mentres que o condutor do camión saíu ileso. Tamén foi necesaria a actuación dos axentes de Tráfico e dos membros do mantemento e limpeza das estradas.