39
Un mozo de 19 anos faleceu este domingo nun accidente de tráfico ocorrido no municipio de Touro. O coche que conducía fóiselle da vía ao seu paso pola parroquia de Loxo.
Segundo informa o 112 Galicia, foi ás 11:00 horas no punto quilométrico 15 da AC-240. Ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado pero o persoal sanitario non puido facer nada por salvarlle a vida.
Tamén participaron no operativo bombeiros de Arzúa, axentes de Tráfico e efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.