39
O condutor dun vehículo, de 54 anos, morreu esta tarde despois de sentirse indisposto cando circulaba por unha carreteta da Cañiza. Uns veciños da zona, na Franquiera, acudiron a axudalo e sacárono do seu coche, que logo empezou a arder. Nunha primeira versión do accidente, coa información do 112, explicábase que o turismo se saíu de EP-5001 e, tras a colisión, comezou a arder e, entón, interviñeron os veciños para retirar á vítima do interior. Con todo, outras fontes explicaron que o incendio se produciu cando o home xa estaba fóra e a xente que acudiu no seu auxilio trataba de reanimalo.