Unha persoa faleceu e outra resultou ferida ao chocar un coche contra un camión en Sarria

Ambulancia Sergas Galicia

O 112 Galicia tivo coñecemento ás 17:30 horas deste martes do accidente, que ocorreu no punto quilométrico 53 da LU-633.

Nada máis recibir o aviso do sinistro a través dunha persoa particular, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar dos feitos.

Tamén acudiron os Bombeiros de Sarria, tras ser alertados polo persoal do CIAE 112 Galicia. Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento utilizaron o material de excarceración para liberar á persoa falecida. Pola súa banda, a persoa que resultou ferida foi trasladada ao Hospital de Lugo.

Ademais, neste operativo tamén interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha