Unha persoa faleceu e tres resultaron feridas tras unha colisión entre dous coches en Redondela

Arquivo.

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nun choque entre dous vehículos ocorrido na tarde deste xoves no quilómetro 1 da N-552, en Redondela. Un dos feridos tivo que ser excarcerado polo GES de Mos.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 18:15 horas, a través da chamada dun particular que alertou da colisión entre dous coches. Pouco despois, un implicado tamén contactou e indicou que era precisa asistencia sanitaria urxente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Redondela e Mos. Ademais, informouse aos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se fose necesaria a súa intervención.

Malia os esforzos, o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento dunha das persoas implicadas. Os tres feridos foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Os servizos de emerxencias continúan no punto a fin de restablecer unhas condicións seguras para a circulación.

Related posts

Besteiro: “O PSdeG actuou con rapidez e contundencia ante unha denuncia anónima por presunto acoso en Lugo”

Dous falecidos nunha colisión frontal entre un camión e un coche en Arzúa

José Tomé deixa a presidencia da Deputación de Lugo tras ser acusado de acoso sexual