Unha persoa faleceu tras caer dunha fiestra ao patio interior dun edificio en Vigo

0 minutes read

Unha persoa faleceu na tarde deste sábado tras caer desde unha xanela do cuarto andar ao patio interior nun edificio da rúa de Zamora, en Vigo. Segundo informou o 112, ata o lugar dos feitos desprazáronse axentes da Policía Nacional e Local, ademais de persoal sanitario que non puido facer nada pola súa vida. Un particular alertou do sucedido, as forzas de seguridade traballan para esclarecer as circunstancias da súa morte.