A persoa implicada foi rescatada inconsciente da auga e os servizos de emerxencias practicáronlle manobras de reanimación, pero finalmente só puideron confirmar o seu falecemento.
Ás 12:40 horas deste xoves, o persoal de Urxencias Sanitarias informou ao 112 Galicia dos feitos e sinalou que naquel momento estábase a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, GES do Grove e de Sanxenxo e á Policía Local do Grove. No operativo tamén interviñeron os membros do servizo de salvamento e socorrismo da praia.
Malia os esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer pola súa vida.