Unha persoa faleceu tras ser rescatada inconsciente da auga na praia da Lanzada, no Grove

A persoa implicada foi rescatada inconsciente da auga e os servizos de emerxencias practicáronlle manobras de reanimación, pero finalmente só puideron confirmar o seu falecemento.

Ás 12:40 horas deste xoves, o persoal de Urxencias Sanitarias informou ao 112 Galicia dos feitos e sinalou que naquel momento estábase a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense. 

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, GES do Grove e de Sanxenxo e á Policía Local do Grove. No operativo tamén interviñeron os membros do servizo de salvamento e socorrismo da praia.

Malia os esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer pola súa vida.

Related posts

UCIN Galicia propón un plan urxente para reforzar os PAC sen recortes e garantir a sanidade no rural

Falece o condutor dun vehículo tras unha saída de vía en San Cibrao das Viñas

Evacuado en helicóptero un home ferido de gravidade tras un accidente cun guindastre en Bande