Unha persoa ferida de consideración nun accidente en Entrecruces


Unha persoa de mediana idade foi evacuada ao hospital tras unha saída de vía co vehículo que conducía. O sinistro tivo lugar minutos antes das dúas da tarde deste luns na estrada DP-1914 que une Carballo con Portomouro, ao pasar a parroquia de Entrecruces, na subida cara ao límite co concello de Tordoia. A condutora perdeu o control do turismo, Toyota, que manexaba e saíuse pola marxe dereita no seu sentido da marcha, chegando a perder unha roda polo impacto. Unha vez dada a voz de alarma por un particular, ao lugar dos feitos acudiu a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061, que trasladou á persoa ferida ao hospital.

O coche perdeu unha das súas rodas traseiras tras o impacto.