Pasadas as 11 da mañán unha señora de idade avanzada sufriu unha caida que lle ocasionou unha profunda brecha na cabeza pola cal sangraba abundantemente, según testigos presenciais, pudo tropezar cunhas planchas metálicas que forman conxunto cun valado de obra que leva varios meses situado na confluencia da rúa Camiño Novo con Praza de Galicia. Nunha primeira instancia foi atendida por uns viandántes e a Policía Local que acudiu o lugar de inmediato. A señora foi trasladada de urxencia ao centro médico en ambulancia. Veciños da zona comentan que xa nón é o primeiro caso similar que se dá, dado que as planchas metálicas están a distinto nivel da acera, polo que piden aos responsables da execución ou vixiancia da obra manteñan en condicións óptimas o lugar, tanto de estado como da mellora da sinalización, dado que e unha rúa moi céntrica con moita afluencia e aglomeración de público, preto dun paso de peóns regulado por semáforo.