Unha persoa ferida e atrapada despois de colidir dous vehículos en Arteixo

Bombeiros de Carballo_Cedida.

Sucedeu na Avenida de Fisterra, á altura do número 163. Ás 16:30 horas deste martes, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para informar dunha colisión entre dous coches, un deles envorcado. Aseguraba que no seu interior había persoas atrapadas. De contado, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo e da Coruña, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Unha vez no punto e, tras liberar á persoa, os Bombeiros sinalaron que a persoa ía ser trasladada polos servizos sanitarios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha