Unha persoa ferida nun choque en Carballo


O accidente ocorreu pasados uns minutos das dez da noite deste xoves na intersección da rúa Xílgaro coa avenida da Milagrosa en Carballo. Dous turismos chocaron frontolateralmente e como consecuencia do impacto a condutora dun dos vehículos tivo que ser inmobilizada e posteriormente evacuada polos servizos de urxencia. Tras o choque uno dos turismos ocupaba un carril de circulación da avenida da Milagrosa e o outro saíu despedido sobre a beirarrúa da rúa Xilgaro. Alertados polo 112 Emerxencias Galicia ao lugar acudiron en auxilio os bombeiros do parque comarcal de Bergantiños e unha patrulla da Policía Local.