Unha persoa ferida tras unha saída de vía na parroquia de Coucieiro, en Muxía

Os bombeiros do parque provincial de Cee foron requiridos ás 05:25 horas da madrugada deste mércores por unha saída de vía na DP2303 ao seu paso pola parroquia de Coucieiro, no concello de Muxía. O incidente saldouse cunha persoa ferida.

Foi o 112 quen deu o aviso. Tras chegar ao lugar dos feitos os bombeiros decátanse que a única persoa ocupante do vehículo xa está fóra do mesmo, aínda que o coche se atopaba envorcado e apoiado sobre o teito. Ademais, debido ao forte impacto, caeu un poste de cemento que sustenta unha liña de media tensión.

Os bombeiros procederon á sinalización e iluminación da zona así como á regulación do tráfico mentres que a vítima foi atendida polo 061 para ser posteriormente derivada ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Tras o remate dos traballos quedaba pendente a chegada dos operarios de Naturgy para restablecer o servizo.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar