Unha persoa foi evacuada ao sufrir unha intoxicación por gas en Cerqueda, Malpica

Arquivo.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso pouco despois das 1:00 horas deste domingo. O aviso, que chegou a través das urxencias sanitarias, indicaba que unha persoa caera logo de atoparse mal por unha mala combustión dun calefactor, en Filgueira, na parroquia de Cerqueda. Era posible que o afectado non puidese abrir a porta.

Rápidamente, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Bergantiños, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Malpica.

A dotación de bombeiros acudiu ao lugar e puido abrir a porta para sacar á persoa, a cal foi atendida pola posible intoxicación por gas e, posteriormente, trasladada en ambulancia. Os servizos de emerxencias indicaron que a acumulación de gas que había na estancia si que parecía provir da mala combustión do calefactor.

Related posts

O PSOE de Muxía denuncia que se cobren os plans de conciliación na vila

Participantes no programa de intercambio xuvenil coa Laracha visitaron o Parlamento de Galicia

A Praza Castelao de Corcubión volveu a acoller unha concentración de apoio a Palestina