0
A persoa quedou atrapada debaixo do vehículo agrícola e foi liberada entre os Bombeiros, o persoal médico e varios veciños. Tras ser rescatada, foi evacuada ao centro médico no helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. O accidente produciuse no lugar de Rebordelos, na parroquia de Cícere, uns minutos despois das 19:30 horas deste mércores. O 112 Galicia recibiu a alerta dos feitos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, a partir de aí, púxose a situación en coñecemento do Servizo Municipal de Protección Civil, dos Bombeiros de Santa Comba e da Policía Local.