Unha persoa foi excarcerada logo de que colidisen dous coches en Abegondo

O accidente ocorreu uns minutos despois das 11:00 horas deste luns e nel houbo dous feridos. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, producírase un sinistro entre dous turismos no quilómetro 15 da AP-9, con posibles atrapados.

Sen agardar, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos e da Garda Civil de Tráfico.

A dotación de bombeiros encargouse de liberar a unha das vítimas, facendo uso do material de excarceración. Non foi o único ferido, xa que o persoal sanitario indicou que tivo que atender a un total de dúas persoas implicadas no accidente.

Related posts

O Son do Camiño anuncia un cartel ambicioso para a súa edición de 2026

Desarticulado un grupo criminal dedicado ao furto continuado de cobre e material de obra en Arteixo

A Deputación da Coruña e Orgullo Galego presentan unha nova edición do programa ‘O galego e as redes sociais’