Unha persoa foi trasladada en helicóptero despois de caer dun cabalo en Oza-Cesuras

O 112 Galicia recibiu a alerta da situación da persoa a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela ata o lugar dos feitos, en Mangoño, na parroquia de Mandaio. Desde o 112 Galicia, nada máis ter coñecemento do suceso, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e do GES de Curtis. Os efectivos do GES de Curtis colaboraron co equipo sanitario na evacuación da persoa ferida ao helicóptero, no que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Posteriormente, recuperaron o cabalo e, xunto cun veciño, levárono ata unha loxa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha