Unha persoa morreu a primeira hora da mañá deste xoves en Lugo ao ser atropelada por un tren. Ocorreu na entrada da estación, entre a ponte da Chanca e o paso superior da N-640. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos arredor das 7:20 horas, a través do persoal de Adif.
Nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Lugo, da Policía Local e Nacional e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade. Unha vez no lugar, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa atropelada.