Unha muller faleceu nunha colisión frontal na que tamén resultaron feridas outras tres persoas.
Ocorreu ás 7:30 horas da mañá deste venres na N-550, ao paso pola localidade pontevedresa de Caldas de Reis.
Alí acudiron os servizos sanitarios de urxencia, que nada puideron facer por salvar a vida da muller. Ademais, atenderon a outras tres persoas que viaxaban nun dos vehículos implicados no accidente e que presentaban diversas lesións. Para recibir os coidados necesarios, os feridos foron evacuados ao Hospital de Montecelo.
Foi un particular quen deu a voz de alarma a través da súa chamada ao 112 Galicia, a partir de aí, activouse un operativo no que, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, participaron os Bombeiros do Salnés debido á necesidade de liberar á vítima mortal, atrapada no interior do vehículo no que viaxaba.
Tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, que tratan de coñecer as circunstancias do mortal accidente, e os membros da Policía Local.
Igualmente, desde o 112 Galicia, informouse aos voluntarios de Protección Civil da localidade.