Unha persoa perde a vida e outras dúas resultan feridas tras producirse unha saída de vía na Coruña

1 minutes read

Unha saída de vía no lugar de Comeanda, no concello da Coruña, saldouse con unha persoa falecida e dúas persoas feridas na noite deste martes.

O accidente ocorreu ás 20:15 horas. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia por unha testemuña do sinistro, o vehículo saíuse da vía e os seus tres ocupantes necesitaban asistencia sanitaria.

A partir de aí, os xestores do 112 alertaron axiña aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Coruña e aos axentes da Policía Local. Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron ao 112 que un dos ocupantes resultou falecido e os outros dous tiveron que ser evacuados en ambulancia.

Cómpre destacar que desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia tamén se puxo a situación en coñecemento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Coruña.