Un home faleceu este martes nun accidente de tráfico ocorrido en Boqueixón. Segundo confirmou o 112, o vechículo no que viaxaba a vítima saíu da vía. O equipo médico nada puido facer por salvarlle a vida. Tamén acudiron os bombeiros, pero a vítima estaba liberada e accesible, polo que descartouse o emprego dos recursos de excarceración. Foi unha persoa particular quen alertou a través do 112 Galicia dun accidente de tráfico en Loureda, Boqueixón, cunha persoa inconsciente no interior do vehículo. Con esta información, os xestores do 112 Galicia activaron os protocolos correspondentes para a mobilización dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ordes, os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Sen embargo, todos os esforzos foron sen éxito.
21