Un home de 49 anos perdeu a vida, esta pasada madrugada, despois de sufrir unha saída vía co vehículo no que circulaba, en Cambre. O suceso tivo lugar cando faltaban quince minutos para as cinco da mañá. Foi a esa hora cando un particular alertou ao 112 Galicia para dar conta dunha saída de vía na AC-221, á altura da ponte da presa de Cecebre. No seu relato non podía confirmar se algunha persoa resultara ferida ou atrapada.
Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos profesionais sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da estrada. Ademais, tamén pediuse a colaboración do Bombeiros de Arteixo quen, finalizada a súa intervención, confirmaron ao 112 Galicia que foi preciso facer uso do material de excarceración para liberar ao condutor e único ocupante do turismo falecido no accidente.