44
Un home faleceu, na tarde deste xoves, tras caer nunhas rochas do peirao de Escarabote, no concello coruñés de Boiro.
Foi un particular quen, pasadas as seis da tarde, informaba ao 112 Galicia de que un home esvarara e caera neste lugar.
De xeito inmediato, desde o CIAE 112 Galicia deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 que, xa no punto, solicitaban apoio para evacuar á persoa e, ademais, sinalaban que non reaccionaba. Así, ata a zona acudiron tamén os Bombeiros de Boiro, a Garda Civil, a Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil do concello.
Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida. As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.
