0
O accidente sucedeu contra as 22:00 horas deste xoves. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, unha persoa sufrira o atropelo dunha moto na AC-221 ao seu paso por Crendes, no lugar de Vilar.
Sen agardar, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia compartíronse os datos co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cos Bombeiros de Betanzos e coa Garda Civil de Tráfico.
Unha vez no punto, os medios só puideron confirmar o falecemento da vítima, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida.