Unha persoa queda atrapada no seu vehículo despois de chocar contra unha casa en Camelle

Ambulancia Sergas Galicia

  • Os Bombeiros de Cee tiveron que proceder á excarceración da vítima, que foi trasladada ao centro hospitalario de referencia

Unha persoa tivo que ser excarcera durante a mañá deste martes debido a unha saída de vía en Camelle, no concello de Camariñas.

O accidente tivo lugar sobre ás 11:15 horas e foi un particular quen alertaba do suceso ao 112 Galicia, manifestando que un vehículo chocara contra un casa e había unha persoa dentro do turismo que precisaba axuda.

Desde o 112 solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios que, debido á gravidade da situación, optaron por mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra moi preto do lugar dos feitos. Ata o punto tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez liberada, os Bombeiros confirmaron que a persoa ferida fora trasladada polos servizos sanitarios ata o centro hospitalario de referencia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha