Unha persoa resulta ferida en Agolada tras sufrir un accidente cun tractor

1 minutes read

Un helicóptero medicalizado foi derivado ao punto polos servizos sanitarios, e tomou terra no mesmo lugar dos feitos.
Ao fío das seis da tarde deste sábado, os profesionais sanitarios comunicaban ao 112 Galicia que unha persoa sufrira un accidente cun tractor en O Marquesado, en Brocos, no concello pontevedrés de Agolada. Indicaban que, nese momento, dirixíase ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago e unha ambulancia. 

O alertador, despois de contactar cos xestores do 112 indicaba que o accidente tivera lugar nunha propiedade privada, concretamente no recinto da vivenda. Ademais, aseguraba que só precisaban medios sanitarios. 

Aínda así, ademais de poñer a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil e da Policía Local,  desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros do Deza e aos membros do GES de Lalín.   

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?