32
- No accidente, que se produciu na subida de Freáns, víronse implicados dous turismos
Unha persoa resultou ferida na tarde deste xoves nunha colisión na que se viron implicados dous turismos en Carnota. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os Bombeiros de Cee e os efectivos do GES de Muros tiveron que excarcerar a unha das vítimas para que fose atendida polos servizos sanitarios.
O sinistro produciuse na AC-550, concretamente na subida de Freáns, ao fío das 16:40 horas e foi un particular quen alertou do suceso.
No operativo tamén participaron o 061, a Garda Civil de Tráfico e Policía Local.