Unha peza dun metro de longo dun avión de Airbus en pleno voo caeu no xardín dun individuo no pobo de Daux, no suroeste de Francia, preto de Toulouse, tal e como confirmou o concello da localidade. En resposta á información da televisión local France 3 Occitanie, un portavoz de Airbus confirmou a AFP que a peza era “dun avión de Airbus”, e confirmou que “a investigación está en proceso”. A peza, cuxa caída non causou danos, foi atopada o 19 de novembro por un residente de Daux, dixo o concello a AFP, apuntado a que o aparello podería estar a realizar un voo de proba. Segundo o alcalde, Patrice Lagorce, citado por France 3, a peza mide un metro de longo e 50 centímetros de ancho. A cidade de 2.300 habitantes atópase a uns dez quilómetros do aeroporto de Toulouse-Blagnac, punto de partida e chegada de avións comerciais, pero tamén voos de proba do fabricante europeo de avións.
38