Unha planta de compostaxe de Arteixo leva máis de dous meses ardendo

A orixe do incendio o 29 de outubro parece obedecer a causas da propia actividade de compostaxe. Dende a planta explican que, debido a unha avaría na maquinaria, tardaron máis do establecido en triturar os restos, polo que se produciu a combustión espontánea. Os bombeiros e o Seprona recomendaron dende o primeiro momento non tocar o material en combustión e esperar a que se consumira pouco a pouco. Non obstante, os temporais dos últimos meses, lonxe de axudar na extinción, paralizaron o proceso.

Dende o parque de bombeiros de Arteixo aconsellan os donos da pranta, pero indican que a responsabilidade de eliminar os residuos radica na propia empresa.

Para rematar coa extinción, os donos da planta están a colaborar cunha empresa con experiencia en eliminación de refugallos. Ante o descontento e as queixas veciñais, tranquilizan dicindo que nos vindeiros días solucionarase definitivamente esta cuestión e os restos quedarán eliminados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha