Unha plantación de piñeiros destrúe totalmente unha mámoa de 6.000 anos no Irixo

O Túmulo de Barro, unha tumba neolítica de 6.000 anos de antigüidade situada en Santa Mariña do Loureiro, no concello do Irixo (Ourense) ficou totalmente destruída por mor duns traballos forestais para a plantación de piñeiros. Ademais, tamén se danaron outras dúas mámoas, o Túmulo 3 e o Túmulo 4 da Bugalleira, posiblemente como consecuencia das maquinarias. As tres mámoas estaban inventariadas no catálogo de Bens Culturais de Galicia.

A actuación do Seprona, denominada Operación Sepulcrum, partiu dunha denuncia da asociación cultural e medioambiental Mámoa Verde Patrimonio.

A Garda Civil está a investigar por un presunto delito contra o patrimonio histórico a catro persoas: tres delas membros da Comunidade de Montes de Loureiro e o cuarto o operario que levou a cabo os traballos, para os que non había autorización.

Antes da destrución © Garda Civil. Fonte: praza.gal

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha