Unha pota esquecida no lume provocou un incendio nun restaurante de Arteixo

1 minutes read

Preto das catro da madrugada deste martes os equipos de extinción tiveron que intervir para atallar un lume que afectou á cociña dun restaurante no concello de Arteixo. Nesta ocasión, o incendio sucedeu na Travesía de Oseiro, á altura do número 18. Por fortuna, non había ninguén no interior do establecemento no momento dos feitos.

Foi unha persoa particular quen deu o aviso ao 112 Galicia ao darse conta dunha intensa fumareda que saía polas reixas e cheminea do local. Decontado, informouse da situación aos Bombeiros de Arteixo, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e tamén aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Ao remate da intervención, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que o incendio comezou por mor dunha pota esquecida ao lume e que foi necesario cortar o subministro de gas e ventilar o local, que quedou completamente afectado polo fume.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?