Unha potente borrasca chega este luns a Galicia

Esta borrasca mantén en alerta o Centro Nacional de Furacáns, e vai ser a causante da inestabilidade dos próximos días que vai chegar en forma de intensas treboadas. Desde o Centro Nacional de Furacáns estiman que hai un 20 % de posibilidades de que a borrasca se converta en ciclón tropical. Con todo, o que di a previsión é que na tarde deste luns chegarán as tormentas con avisos por acumulación de auga, principalmente en Pontevedra e nas provincias do interior.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha