Unha prata e unha mellor marca da AD Fogar Natación no Galego de Longa Distancia

1 minutes read

Este sábado os nadores/as Anxo Fuentefría (2009), Carmela Ínsua (2009), Manuel Souto (2007) e Pablo Gil-Rivera (2006), desprazábanse ata Pontevedra para representar á AD Fogar na XV Edición do Campionato Galego de Longa Distancia en piscina curta que coincidía tamén coa fase territorial de carácter clasificatorio para o XXII Campionato de España da modalidade. No desenvolvemento da proba conseguiron unha moi boa actuación; pola mañá Anxo Fuentefría acadaba a medalla de prata masculina na categoría infantil nos 2.000 metros libres. Na mesma categoría e tamén pola mañá, Carmela Ínsua remataba na 10ª praza. Xa pola tarde na distancia dos 3.000 metros libres, Manuel Souto facíase coa 5ª praza na categoría júnior 1 e batía a mellor marca do club dos 16 anos, mentres que Pablo Gil-Rivera era 4º na categoría júnior 2. Na clasificación final por equipos foron 4º masculinos, 11ª femininas e 8º conxuntos/as dun total de 13 clubs.