Unha queixería de Vilalba obtén a medalla de ouro na World Cheese Awards

O traballo manual é clave na elaboración deste queixo dun quilo de peso que vén de obter a medalla de ouro na World Cheese Awards, a competición de referencia a nivel mundial e na que participan 4.000 queixos diferentes procedentes de 40 países. Sen dúbida todo un orgullo para esta empresa familiar que mantén a tradición queixeira chairega.

As vacas que pacen diariamente no prado son a parte inicial e unha das máis importantes de todo o proceso que remata coa elaboración do queixo. Os pastos e forraxes da Terra Chá confiren a especial composición e sabor destes queixos, que se completa con horas de afumado con fume de bidueiro. Un xeito de dar valor engadido o leite desta comarca.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha