Unha quenlla obrigou a pechar as praias de Bastiagueiro e Espiñeiro en Oleiros

O avistamento dunha quenlla obrigou a pechar este sábado ao baño durante unha hora as praias de Bastiagueiro e Espiñeiro, situadas en Oleiros. O concello informou de que o viron nos areais, o que motivou a prohibición do baño. O escualo, duns catro metros de longo, era inofensivo e non entrañou risco para os bañistas. A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños informou os técnicos municipais de que a especie non era perigosa, polo que a súa presenza nas augas non supón un perigo para as persoas. Máis tarde avistaron a quenlla na praia de Santa Cristina, onde varou pero pouco despois lograron devolvela ao mar con vida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha