O primeiro dos avisos pasados polo 112 Emerxencias Galicia mobilizaba á Policía Local e a Protección Civil de Carballo. A alerta era dun particular polo posible desprendemento dunha rama dunha árbore ubicada na Avenida da Cristina. Os efectivos de Protección Civil axudados dun camión foron os encargados de retirala, evitando un posible risco para os peóns e o tráfico rodado.
Acto seguido, ás 20;30 horas, activábase unha nova alerta. Neste caso por un incendio nun baixo dun edificio de vivendas de tres andares ubicado no número 14 da rúa do Muíño. Ao lugar dirixíronse de inmediato os Bombeiros do parque de Bértoa e tamén se pasou aviso á Policía Local, Protección Civil e Garda Civil da localidade. O incendio foi localizado no punto indicado, correspondente cun edificio deshabitado, polo que non houbo que destacar maior incidencia material nin de risco para as persoas.
O accidente, sen consecuencias graves producíase na avenida de Fisterra, próximo á intersección coa rúa Alexandre Bóveda, por causas que se investigan tratouse da saída da vía dun turismo.