39
A selección española masculina de fútbol caeu 1-2 ante a selección francesa na final da liga de Nacións 2021, disputada este domingo en San Siro (Milán). O cadro de honra complétao Italia, que venceu 2-1 a Bélxica na final de consolación. Consolo como o que levou Sergio Busquets, nomeado mellor xogador do torneo. Os de Luís Enrique deixaron unha boa imaxe e quedaron ás portas dun título, que se puxo de fronte co gol inicial de Mikel Oyarzabal. Pero Karim Benzema e Kylian Mbappé culminaron a remontada, aparecendo de novo como fixeran ante Bélxica.