Unha rigorosa arbitraxe acaba condenando a un frouxo Calvo Basket Xiria

0 minutes read

Rompeu o refacho do que serían tres vitorias consecutivas para o Calvo Basket Xiria logo de caer derrotado na casa este sábado ante un superior KFC Culleredo, que acompañado de rigorosas decisións arbitrais ao seu favor condenaron aos carballeses a non poder ofrecerlles unha vitoria aos seus seguidores no Vila de Noia, nunha xornada de portas abertas con moi boa afluencia de público. Contundente o resultado por cuartos, 13-20, 14-18, 13-20 e 26-26, cun resultado final de (66-84), pensando xa en como gañar o próximo partido.

Calvo Basket Xiria – KFC Culleredo.