O Concello de Vimianzo acolle este sábado desde as 10:00 h unha visita guiada pola paisaxe protexida do Penedos de Pasarela e a partir das 21:00 h na Praza do Concello a gala de Circo “Circando”.
Os e as máis paseantes xa teñen plan para a mañá de sábado coa primeira ruta do programa ‘Paisaxes de Vimianzo’. Esta consistirá nunha visita guiada pola área protexida dos Penedos de Pasarela e conta con 25 prazas.
Xa pola tarde, a partir das 21:00 horas, a Praza do Concello acollerá a gala de circo “Circando”, actuación que dará arranque aos espectáculos que se desenvolverán ao longo do verán a través do programa cultural do Vimiansol.
O Vimiansol de Vimianzo permitirá achegar á veciñanza as principais compañías das artes de rúa do momento. A iniciativa conta cunha programación completa con circo, maxia, teatro, música e cine, todas elas co humor como liña condutora da proposta. O Concello controlará o aforo dos eventos, que se celebrarán na Praza do Concello, mediante un sistema de entradas gratuítas que as persoas interesadas poderán recoller na billetería da Casa da Cultura de luns a venres en horario de 09:00 h a 14:00 h. O Concello pon a disposición o correo cultura@vimianzo.gal para máis información.