- O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, fixo balance da edición deste ano.
Miguel Vales estivo acompañado polos/as participantes na actividade por representantes das tres entidades colaboradoras, Hábitat, Adega e Senda Nova, que, pola súa banda, destacaron o apoio e a implicación do Concello de Carballo para facer partícipe á poboación da conservación dun espazo natural de tanto valor como é o de Razo-Baldaio.
No acto tamén estivo presente Fabián Lage, “o pai” da píllara de vimbio e ferro que se converteu no símbolo da sustentabilidade e do compromiso dos carballeses e carballesas coa recollida selectiva e coa eliminacións dos perigosos plásticos do mar. Fabián Lage encargouse do armazón, e Idioa Cuesta, “a nai”, que non puido achegarse ata o litoral carballés, da plumaxe de vimbio, coa axuda dun numeroso grupo de veciños e veciñas de todas as idades.
A simbólica píllara, que estivo durante boa parte do verán na zona da explanada servindo de colector de envases, foi trasladada á beira do parque infantil, onde se instalará definitivamente como símbolo dos valores que se pretenden protexer no litoral.
