37
O condutor dun turismo resultou ferido a pasada noite na Coruña ao saírse da vía na ligazón da AP-9 coa AC-11, en sentido entrada á cidade. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home tivo que ser excarcerado polos Bombeiros da Coruña, ao quedar atrapado no interior do vehículo accidentado.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro ao fío das 2:50 horas. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención, ademais, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.