Unha saída de vía na Pobra do Caramiñal sáldase cun ferido grave

Unha persoa resulta ferida de gravidade despois de saírse da vía co seu vehículo cando circulaba á altura do punto quilométrico 31 da AG-11, dirección Padrón, no concello coruñés da Pobra do Caramiñal.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente pasados dez minutos das 08:00 da mañá deste domingo. O alertante indicaba que a persoa estaba fora do turismo pero suxeito polo cinto de seguridade.

De inmediato, desde o CIAE pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias que axiña confirmaron a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago cara o lugar. A aeronave tomou terra na mesma estrada, polo que, foi necesario desviar, aínda que non  interromper, a circulación mentres os profesionais traballaban na evacuación do ferido. Así mesmo, os xestores de emerxencias informaron dos feitos, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, aos Bombeiros de Ribeira e aos efectivos de Protección Civil. Tamén foi requirida a intervención do persoal do servizo de mantemento da vía.

O persoal sanitario estabilizou ao ferido no punto para proceder ao seu traslado, trátase dun xoven de Teo de 24 anos..

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha