Unha saída de vía sáldase cunha persoa excarcerada e catro rapaces feridos nas Pontes


Unha persoa necesitou ser excarcerada do interior do vehículo que manexaba, no concello das Pontes de García Rodríguez, logo de sufrir unha saída de vía á última hora deste sábado. Ademais, no vehículo viaxaban tamén catro rapaces que resultaron feridos.

O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que alertaba dun accidente, cun coche implicado, que se acababa de producir nunha pista en dirección ao lugar de Marañó de Arriba. Na comunicación, indicábase que no interior do turismo había unha persoa atrapada.

Inmediatamente, os operadores do CIAE-112 Galicia informaron aos Bombeiros da localidade, aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil.

Unha vez finalizadas as labores de excarceración no punto, a dotación dos Bombeiros das Pontes confirmoulle ao 112 que fora liberada unha persoa para que puidera ser trasladada, xunto con catro rapaces que viaxaban tamén no coche, polo persoal sanitario en ambulancia.